Os veciños e comerciantes afectados polas obras do túnel na rúa Elduayen recollen sinaturas

SI á peanolización do centro de Vigo, NON ó túnel subterráneo en no Casco Vello

“SE á peonalización do centro de Vigo, NON ao túnel subterráneo no Centro histórico” así ven a titularse a petición daAsociación de Veciños e Comerciantes afectados polas obras do túnel en Rúa Elduayen en Vigo.

En outubro de 2019 dará comezo no centro de Vigo unha importante obra de tunelación que alterará de forma irreversible o acceso e a vida cotiá dos veciños e comerciantes do Casco Vello (a zona histórica da cidade), así como de persoas con mobilidade reducida, repartidores, transportistas, etc.

Solicitan ao Excelentísimo Alcalde de Vigo, Don Abel Caballero, que atenda a nosa petición de revisión e/ou cancelación do proxecto do túnel baixo o Centro histórico da cidade, polos seguintes motivos:

(ao non incluílo na peonalización, o tráfico de vehículos no paseo multiplicarase)

Porque NON É NECESARIO PARA A PEONALIZACIÓN do centro

(un simple corte de tráfico entre Porta do Sol e Paseo de Alfonso abarcaría todo ese tramo)

Porque FAI INVIABLE O ACCESO BÁSICO por centos de persoas

(maiores con mobilidade reducida, comerciantes, transporte público, repartidores, etc)

Porque non se debe ARRISCAR O PATRIMONIO HISTÓRICO de Vigo

(a obra a 7 metros de profundidade afecta a edificios do século XIX e varios xacementos)

Porque ESCONDER A CONTAMINACIÓN URBANA non é unha solución

(o tráfico rodado aumentará considerablemente, pero só un tramo irá baixo terra)

Porque o túnel mide 400 metros pero SÓ PEONALÍZASE A METADE

(18 millóns de euros nunha obra que reduce as beirarrúas para favorecer o tráfico pesado?)

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM