Portos de Galicia tramitará autorizacións puntuais e extraordinarias para a extracción de semente de mexillón no interior dos peiraos

A instancia de solicitude atópase dispoñible na páxina web do ente público

Portos de Galicia vén de abrir o período de solicitude para a tramitación de autorizacións puntuais e extraordinarias para a extracción de mexilla, a semente de mexillón, no interior dos peiraos de titularidade autonómica. O ente público presidido por Susana Lenguas ten dispoñible xa a instancia de solicitude destes permisos na súa páxina web oficial, no enderezo www.portosdegalicia.com.

O outorgamento destas solicitudes estará suxeito ao cumprimento dos requisitos establecidos por Portos de Galicia co obxectivo de preservar a seguridade dos usuarios e embarcacións dos peiraos así como a súa plena operatividade, facendo compatibles a extracción de mexilla coas tarefas habituais dos portos. Esta medida ten un carácter excepcional para facilitar as condicións de traballo destes profesionais do mar ante a crise sanitaria provocada polo COVID-19.

A instancia de solicitude inclúe a redacción dunha memoria explicativa do procedemento de extracción na que se deberá indicar brevemente os medios que se van empregar, horarios previstos e número de embarcacións e persoas que intervirán. Así mesmo, no caso de empregarse embarcación, esta deberá aparecer identificada.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM