Remata o prazo para a presentación de traballos ao concurso Vigo en Vivo

A Concellería de Xuventude do Concello de Vigo convoca o Concurso de música “Vigo en Vivo” para grupos de música noveis do municipio de Vigo.

Preténdese fomentar a creación musical e premiar o espírito creativo das e dos participantes a través dun concurso no que as bandas sen disco propio e sen espazos onde tocar, teñan a posibilidade de facelo nas rúas e outros lugares emblemáticos da nosa cidade.

– Poderán participar no concurso grupos e/ou solistas de calquera estilo musical no que, a lo menos, o 50% dos e das compoñentes deberán estar empadroados no Concello de Vigo.

– A lo menos un 75% dos e das compoñentes do grupo deberán ter entre 14 e 35 anos de idade máximo.

– Non poderán ter ningún traballo publicado con anterioridade en ningunha plataforma de difusión de contido audiovisual de carácter profesional.

Prazo de presentación ata o 9 de agosto (incluído)

Publicación no BOPPO

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM