Representantes do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia reúnense con Iria Figueroa, número 2 por Pontevedra de Galicia En Común

No último dos encontros que se desenvolveron coas forzas políticas para lles trasladar os problemas do xornalismo galego, os representantes do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Xaime Leiro e Eliana Martíns reuníronse hoxe en Santiago de Compostela con Iria Figueiroa, número dous da candidatura de Galicia En Común – Anova Mareas pola provincia de Pontevedra.

Nunha xuntanza realizada este venres con motivo das próximas eleccións galegas, os membros da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Xaime Leiro e Eliana Martíns insistíronlle a Iria Figueiroa, número dous da candidatura de Galicia En Común – Anova Mareas pola provincia de Pontevedra, na necesidade de resolver politicamente os problemas que afectan á profesión da nosa comunidade, os máis importantes dos cales xa se lle comunicaran por carta ás principais forzas políticas.

Figueroa anunciou o seu apoio ás demandas do Colexio de Xornalistas e ‘’o firme compromiso” de trasladalas ao novo Goberno da Xunta de Galicia. Así mesmo, e considerou importante que as axudas aos medios de comunicación privados e a inserción de publicidade institucional “sempre teñan como requisito á erradicación da publicidade de prostitución  e casas de apostas’’.

Para presentarlles as reclamacións máis importantes da nosa profesión, o Colexio de Xornalistas púxose a disposición dos distintos candidatos para realizar encontros presenciais. Así, realizáronse xuntanzas con Ciudadanos, a Marea Galeguista, o PSdeG, as forzas extraparlamentarias asinantes do manifesto ‘A cidadanía ten dereito a coñecer’, o BNG e Galicia En Común – Anova Mareas.  O Colexio de Xornalistas solicita de todas as forzas políticas un compromiso público con medidas que garantan o libre exercicio do direito de información en Galicia.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM