Un choque entre un autobús e un taxi deixou esta mañá tres feridos en Muxía.
O accidente ocorreu uns minutos antes das 07:00 horas, no lugar da Baiuca, en Moraime. A esa hora, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia dun choque entre un autobús –de liña regular- e un turismo. Aseguraba que, polo menos, no turismo había unha persoa ferida.
Con estes datos, os profesionais do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do persoal sanitario, que nada mais chegar ao punto confirmaron que un dos feridos estaba atrapado no interior do turismo. Tamén, os Bombeiros de Cee, axentes de Tráfico e membros de Protección Civil da localidade achegáronse ao lugar, tras ser alertados polo 112.
Finalmente, os Bombeiros confirmaron a excarceración do condutor do taxi. Ademais, indicaron que tamén resultaron feridos unha muller que viaxaba no turismo e un pasaxeiro do autobús, que non parecía revestir gravidade.
Tras ser evacuados os feridos polos servizos sanitarios, os membros do parque comarcal procederon coas tarefas de limpeza da vía.
Ciclista falecido
Por outra banda, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home que caera –onte- da bicicleta coa que circulaba, na estrada que une Xinzo e Vilar de Barrio, en Sarreaus (Ourense).
Os xestores do 112 Galicia, nada mais ter coñecemento da situación, sobre as 17:45 horas da tarde pasada, requiriron a intervención do persoal sanitario que, debido á gravidade dos feitos optaron por desprazar ao punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Do mesmo xeito, solicitaron a colaboración dos axentes de Tráfico, dos membros do GES de Laza e de Protección Civil da localidade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.