UXT chama a mobilizarse pola “emerxencia feminista”

O Sindicato adhírese á convocatoria de mobilizacións contra a violencia que sofren as mulleres
A violencia contra as mulleres non remitiu durante o período estival, máis ben ao contrario, a nosa sociedade continúa padecendo esta secuela intolerable contra a que é necesario redobrar todos os esforzos de rexeitamento, denuncia, condena e esixencia de actuacións para atallala de raíz e de forma urxente.
 
Por esta razón a Comisión Executiva Confederal de UXT decidiu sumarse á mobilización impulsada pola plataforma feminista de Alacante ( https://www.facebook.com/emergencia-Feminista-103864137628300/) que considera que a situación chegou a un “estado de emerxencia” e chama á mobilización o próximo día 20 de setembro.
 

Non se pode normalizar esta situación

 
UXT comparte e subscribe os termos do manifesto “Declaramos o estado de emerxencia” impulsado pola mencionada plataforma, e a necesidade de actuar de forma contundente contra os asasinatos de mulleres e dos seus fillos e fillas, e contra a violencia sexual que unha e outra vez salpica de terror da vida das mulleres por todo o territorio.
 
A situación é insoportable, insustentable, e as organizacións da sociedade civil debemos mobilizarnos unha vez máis para urxir a todos os poderes do Estado a que tomen cantas medidas sexan necesarias. Nin a interinidade política, nin a parálise estival poden servir de escusa ante unha situación tan dramática. Non podemos normalizar o horror, a morte, a violencia, a inxustiza, o sufrimento. Non podemos cesar na denuncia nin na mobilización, e por iso volveremos ás rúas o próximo 20 de setembro, e facemos un chamamento á cidadanía para participar –desde hoxe- nesta nova onda de repulsa contra a violencia machista que una a toda a sociedade nun tsunami de dignidade e xustiza que a erradique das nosas rúas, as nosas casas, os nosos traballos e as nosas vidas.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM