VI edición do concurso de relatos curtos ‘Nun Recuncho da Memoria’

O confinamento é un bo momento para escribir! Por iso en Afaga convoca a VI edición do concurso de relatos curtos ‘Nun Recuncho da Memoria’, un ano máis,  Afaga presenta o certame de relatos curtos sobre alzhéimer e outras demencias ‘Nun Recuncho da Memoria’ que, nesta ocasión chega á sexta  edición.

O concurso diríxese a coidadores, familiares e, en xeral, a todas as persoas sensibilizadas con esta doenza ou que lles guste escribir e atopen no envellecemento ou as enfermidades  neurodexenerativas a súa fonte de inspiración.

Debido a  a especial situación na que nos atopamos, nesta ocasión, a temática abordará o tema do envellecemento e o illamento; a enfermidade de Alzheimer ou outras demencias, como patoloxías que illan a quen as padece; ou as relacións sociais e familiares na crise actual que estamos a vivir.

Os relatos poden estar escritos en lingua castelá ou en lingua galega, hai un premio para cada convocatoria.

O prazo de presentación dos relatos finalizará o 15 de maio de 2020.

A extensión será, como mínimo, dun folio e medio e como máximo, de tres.

O premio consiste nunha  tablet  Samsung  Galaxy, un  Smartwatch ou un  eBook (o gañador/para escollerá unha das tres opcións).

Pica aquí para ler as bases do concurso

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM