Vigo, sede da xornada de técnicos do Spain Convention Bureau

Os próximos 2 e 3 de decembro Vigo acollerá a xornada anual de técnicos do Spain Convention Bureau.
 
Neste encontro formativo, ao que acudirá persoal técnico das distintas Convention Bueau de España asociacias ao SCB, os participantes recibirán unha interesante formación na que abordarán casos de éxito e fracaso en destinos MICE. Eminentemente práctica, as xornadas ensinaranlles tamén a deseñar presentacións no ámbito turístico e a comunicalas de maneira eficaz. Analizarán ademais as novas tendencias do sector e a competencia leal coas compañías de xestión de destinos (DMC).
 
Ademais de mellorar a formación profesional e intercambiar experiencias e coñecementos co resto de compañeiros, durante estes dous días os participantes aproveitarán para coñecer máis a fondo Vigo, as súas grandes posibilidades como destino MICE así como a súa gastronomía e variada oferta de lecer.
 

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM