A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa que dará comezo mañá no litoral da provincia da Coruña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa que afectará ao noroeste da provincia da Coruña.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das primeiras horas de mañá esperase vento do suroeste de forza 8-9 no noroeste da provincia da Coruña.

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Alerta amarela por neve

Ademais, a partir da madrugada do 9 de xaneiro, activarase tamén a alerta amarela por acumulación de neve en 24 horas no sur e na montaña de Ourense. No sur de Ourense poderá chegar ata 3 centímetros en alturas superiores a 900 metros, e na Montaña, ata 12 centímetros en alturas superiores aos 1.000 metros.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM