A aceleradora Agrobiotech busca pemes dos sectores agroalimentario, biotecnolóxico e biomasa para impulsar o seu crecemento

A Xunta e Tecnópole organizan este programa en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e o CIS Madeira

O vindeiro mércores, 27 de marzo, pecha o prazo para presentar solicitudes de participación na terceira edición da aceleradora Agrobiotech, organizada pola Xunta e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e o CIS Madeira.

O obxectivo deste programa, que se inscribe na plataforma StartIN Galicia, é fortalecer as pemes innovadoras de tres sectores estratéxicos para a economía galega: o agroalimentario, o biotecnolóxico e a biomasa. A diferenza doutros programas máis enfocados a apoiar o emprendemento, Agrobiotech pretende contribuír á consolidación e ao impulso de modelos de negocio de éxito xa demostrado, a través de servizos de asesoramento especializado para fortalecer a excelencia operativa, o liderado de produto, a comercialización e a internacionalización ou a captación de financiamento público e privado.

Entre as vantaxes deste programa, e desta edición en concreto, destacan a axilización do programa a nivel administrativo, a concreción dos servizos ofertados, a especialización en tres sectores estratéxicos e a eficiencia en canto á medición dos resultados para as empresas participantes.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM