A campaña de igualdade da Deputación de Pontevedra chega ás festas de Cangas

O material da iniciativa “Lembra, eu decido, ti respectas” estará na carpa do recinto festivo

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Igualdade, estará presente entre os días 22 e 31 deste mes de agosto nas Festas do Cristo do Consolo de Cangas, nas que se agarda a presencia de numerosas persoas. A “semana grande” da vila contará deste xeito cun punto morado de información sobre as violencias machistas e do material institucional das campañas de “Lembra, eu decido, ti respectas”, dirixidas tanto a mozas como a mozos. Estará situado, en horario de 21.30 a 01.30 horas na carpa do recinto das naves de Ojea, fronte á casa do concello.

O obxectivo volve ser o de concienciar a poboación máis nova da importancia das relacións en igualdade e, por iso, repartiranse elementos explicativos nos que se mostran con claridade os límites ante posibles agresións, facendo fincapé en que son un delito e recalcando a negativa a calquera intento de culpar ás vítimas. A campaña “Eu decido, ti respectas”comezou o verán pasado en tódolos festivais #FestivaisRíasBaixas, e posteriormente, a institución provincial ofrecéullela aos concellos que a soliciten para todo tipo de eventos multitudinarios.

O programa de festas de Cangas ten á música como principal protagonista nestes nove días de actividades, cos concertos de Eladio y Los Seres Queridos e Los Toreros Muertos, como principais referentes, sen esquecer outro tipo de actividades multitudinarias como as verbenas.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM