A carne McDonald’s, Burger King e KFC destrúe a Amazonia

A Amazonia está a arder e as políticas do presidente Jair Bolsonaro non fan máis que avivar as chamas. Ecosistemas e hábitats enteiros, especies en perigo de extinción, comunidades indíxenas e a loita contra a crise climática actual están en perigo. É unha emerxencia global.
 
Algunhas grandes marcas como The North Face, Vans e Timberland xa se posicionaron publicamente esixindo produtos que garantan a preservación da Amazonia. Agora é o momento de que KFC, McDonald’ s, Burger King e outros xigantes da comida rápida tamén se posicionen.
 
KFC, McDonald’ s e Burger King non poden quedar de brazos cruzados vendo a selva máis grande do mundo arder mentres seguen abastecéndose de produtos brasileiros como a carne de vacún ou a soia. Os bosques están a tallarse e queimando para dar paso aos pastos e cultivos para alimentar o gando, empeorando a crise climática.
 
Estas empresas teñen que rexeitar calquera materia prima vinculada á destrución da Amazonia e outros bosques e mostrar publicamente o seu rexeitamento aos ataques de Bolsonaro contra a selva amazónica e os dereitos dos pobos indíxenas.
Firma la petición y dile a las cadenas de comida rápida que dejen de ser cómplices de la destrucción de la Amazonia >>
Pide a KFC, McDonald’s y Burger King que hagan llegar al Gobierno de Bolsonaro el mensaje de que sus políticas anti-ambientales son inaceptables >>

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM