A Deputación estuda con Vila de Cruces a humanización do tramo da estrada que comunica o centro urbano co cemiterio e o tanatorio

O deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, recibiu ao alcalde, Luís Celso Taboada

A Deputación de Pontevedra estuda co Concello de Vila de Cruces a humanización do tramo da estrada provincial EP-6306 Agolada-Cruces que comunica o centro urbano da vila co cemiterio e o tanatorio. Así llo fixo saber o deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, ao alcalde, Luís Celso Taboada, e á tenente de alcalde, María do Carme Silva, durante a xuntanza mantida esta semana.

A institución provincial xa ten redactado un proxecto desde o pasado mandato municipal, cun Orzamento de 179.205,36 euros. Daquela o Concello tíñase comprometido a conseguilas cesións dos terreos necesarios, trámite que non se chegou a materializar. O actual alcalde comprometeuse a completar as xestións.

Ambas partes son partidarias da realización das obras de humanización e mellora da mobilidade neste tramo da estrada, que vai PQ 16+450 ao PQ 16+750, no marco dun convenio no que quedaría contemplado que unha vez realizadas, pasará a formar parte do viario municipal.

Durante a xuntanza fíxose un completo repaso aos investimentos realizados pola Deputación no Concello de Vila de Cruces nos últimos catro anos e expresouse a vontade de continuar nesta liña de colaboración. Neste período a Deputación leva investido uns 4 millóns de euros en Vila de Cruces. O Concello recibe 672.000 euros anuais no marco do Plan Concellos, instrumento de colaboración co que se financiaron preto de 30 actuacións, a maior parte delas obras de mellora de vías municipais. Ademais, o municipio logrou, en base ás puntuacións outorgadas polas técnicas e técnicos, un convenio no marco do Plan DepoRemse para a mellora da mobilidade no entorno do colexio, gardería e polideportivo de Vila de Cruces, cun importe superior aos 400.000 euros.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM