A Xunta agradece aos voluntarios do programa de acompañamento en hospitais de Ourense a súa implicación

Esta iniciativa púxose en marcha inicialmente nas áreas sanitarias de Lugo e de Ourense

A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, agradeceron aos voluntarios do programa de acompañamento en hospitais e centros de saúde a súa implicación e solidariedade. Fixérono durante unha visita aos participantes que comezaron a fase de formación do proxecto no Hospital de Ourense.

Este programa de humanización ten como obxectivo axudar ás persoas usuarias do sistema público de saúde, que previamente foron atendidas nos puntos de información polo persoal do Sergas, proporcionándolles información e acompañamento sobre os recursos e servizos existentes nos seus centros de referencia e sempre baixo a coordinación das diferentes xerencias das áreas sanitarias.

A iniciativa levarase a acabo inicialmente en dúas das sete áreas sanitarias: a de Lugo e a de Ourense. Para o desenvolvemento destes labores voluntarios, o Sergas ofrece un programa de formación previo. Ademais tamén se lle ofrecerá un seguro de accidentes e de responsabilidade civil. O prazo de inscrición para participar deste proxecto aínda está aberto e poderá realizarse a través da páxina web de Voluntariado Galego.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM