A Xunta destina este ano un investimento de 400.000 euros á formación dos profesionais do sector do transporte por estrada

O Goberno galego, con estes incentivos, xa posibilitou en 2019 a realización de 158 cursos, no que participaron un total de 2.435 persoas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina este ano un investimento de 400.000 euros á formación dos profesionais do sector do transporte por estrada.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria. Esta orde fixa as bases polas que se rexerá o outorgamento destes incentivos, que van dirixidos ás entidades que se integran no Comité Galego de Transportes por Estrada.

As entidades deberán presentar un plan formativo que abranguerá a totalidade de cursos ou seminarios que pretendan realizar no ano 2020.

Estas organizacións disporán dun mes, contado a partir de mañá, para presentar as súas solicitudes, polo que o prazo rematará o vindeiro 24 de febreiro.

Ademais, disporán ata o próximo mes de outubro para realizar o conxunto das accións formativas.

Esta convocatoria dálle continuidade á aposta que a Xunta vén facendo nos últimos anos pola formación dos profesionais do sector do transporte. Neste sentido, cómpre lembrar que o Goberno galego concedeu na convocatoria do ano 2019 axudas para 158 cursos, nos que participaron un total de 2.435 alumnos.

A Xunta continúa potenciando as actividades formativas dirixidas aos profesionais do sector, en diferentes eidos como a condución, o transporte de mercadorías perigosas ou a xestión das empresas de transporte por estrada.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM