A Xunta lembra que a tramitación telemática das comunicacións de queimas de restos agrícolas é totalmente gratuíta a través da páxina web oficial

A Xunta lembra que a tramitación das queimas de restos agrícolas amoreados é totalmente gratuíta a través da páxina web oficial para esta finalidade. Non obstante, cómpre trasladar que existe unha páxina independente e non oficial que reclama o pago de 29 euros por complementar este trámite.

O Goberno galego anima aos cidadáns a que realicen as xestións a través da web oficial de balde. Por iso, lembra que o único enderezo-web oficial para realizar os devanditos trámites, sen custe para o administrado, é o seguinte: https://queimasweb.xunta.gal/queimasweb/

Por último, a Xunta quere sinalar tamén que existe a posibilidade de facer estas xestións a través do teléfono 012, en horario de luns a venres de 8,00 a 20,00 horas e os sábados de 8,00 a 17,30 horas. Neste caso, o interesado unicamente deberá aboar o custo da chamada segundo teña contratado coa súa compañía telefónica.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM