CinemAteneo achega a todos os e as viguesas a Concepción Arenal

No ano de Concepción Arenal, no douscentos aniversario do seu nacemento, e aproveitando a semana do 8 de marzo, o Ateneo Atlántico dedica a súa sesión mensual de cine á ilustre feminista galega.

Para iso, imos proxectar a película Concepción Arenal, a visitadora de cárceres, producida por Televisión Española en 2012. A película narra o período de mediados do século XIX en que Concepción Arenal, avogada, feminista e escritora, dedicou parte do seu tempo á función de visitadora de cárceres na prisión de mulleres da A Coruña. Este período será fundamental para configurar o seu pensamento e dará como resultado algunhas das súas obras clave; as reflexións e escritos desta fase da ferrolá servirán de base para a reforma do sistema penitenciario español.

Ficha técnica

Título orixinal: Concepción Arenal, la visitadora de cárceles
Ano: 2012
Duración: 80 min.
País: España
Dirección: Laura Mañá
Guión: Laura Mañá, Rafa Russo
Música: Francesc Gener
Fotografía Sergi Gallardo
Reparto: Diana Gómez, Blanca Portillo, Mabel Rivera, Òscar Rabadan, Pere Arquillué
Produción: Distinto Films / Zenit TV / Televisión de Galicia (TVG) / Canal Sur Televisión / ICIC Sinopse: TV Movie sobre Concepción Arenal na súa faceta como visitadora de cárceres de mulleres. A súa loita por cambiar a concepción que había sobre os delincuentes e o que tiñan que ser os cárceres modernos. (FILMAFFINITY)
Premios 2013: Premios Gaudí: Nominada a Mejor película para TV.

Para a presentación contaremos con Carmen Becerra Suárez, doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora titular de “Teoría da literatura e Literatura comparada” na Universidade de Vigo. Coordinadora do grupo “literacine” da Universidade de Vigo que organiza os Congresos bianuais de “Cine e Literatura”.

Mércores 11 de Marzo, 19.40 horas
Multicines Norte

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM