A Deputación ven de conceder unha serie de subvencións para poñer en valor o patrimonio marítimo fluvial da provincia. As entidades beneficiarias son o Club Mariño ‘A Reiboa’ de Poio, as asociacións Sueste e Sodináutica do Morrazo, e sete colectivos do Salnés para rehabilitar galeóns, dornas e embarcacións tradicionais.
Segundo explica a deputada de Patrimonio María Ortega estos fondos pertencen á liña de axudas para a Recuperación e posta en Valor do Patrimonio Marítimo Fluvial da provincia, que ten a intención de fomentar a recuperacións de bens de interese do patrimonio relacionado co mar e os ríos na provincia.
No total da provincia a liña de axudas para a recuperación e posta en valora do Patrimonio Marítimo Fluvial chegou a 14 colectivos, que se repartiron 101.230 euros.
Entre as actuacións que podían recibir axuda económica da Deputación están os traballos de rehabilitación en embarcacións co fin de recuperar o seu carácter orixinal ou de manter elementos estruturais que permitan o mantemento da embarcación; así como accesorios e equipamento das embarcacións que sexan de investimento (baterías, motor, depósitos, aparellos, velas, obenques, quilla, drizas, equipamento de salvamento…), sempre destinándose a actividades de promoción sociocultural ou musealización.
Outras das actuacións subvencionadas permitida eran as obras de restauración e conservación de artes e aparellos de pesca e marisqueo tradicionais, ferramentas e maquinaria, instrumental de navegación, útiles de comunicación e sinalización, cordoería, artesanía e demais elementos vinculados á cultura marítima e fluvial, todos eles destinados a actividades de musealización ou difusión social e cultural. Tamén se permitían axudas ás intervencións realizadas sobre construcións e instalacións de terra (almacéns, fábricas, estaleiros, lonxas, casetas de pesca, embarcadoiros e pesqueiras, entre outras), mostras da arquitectura industrial e popular marítimo fluvial na provincia, para seren reconvertidas en espazos culturais.
As axudas desta liña do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación, explica Ortega, tiñan un orzamento de 150.000 euros. O importe máximo da subvención para cada actuación non podía exceder do 80% do seu custe total e tampouco non superar o importe de dez mil (10.000,00) euros. No caso de que os proxectos financiados non esgotasen a partida orzamentaria, como foi o caso, podía superarse o límite de dez mil euros por proxecto (sempre que non se supere o 80 % do orzamento), baixo criterios de proporcionalidade e respectando a concorrencia competitiva, así como a valoración técnica do proxecto.
O Salnés é a comarca con máis actuacións subvencionadas
No caso do Morrazo, a Asociación Recreativa e cultural Sueste, presentou un proxecto para a rehabilitación do galegón das rías ‘Eliseo’, conseguindo a totalidade dos puntos posibles na valoración e superando o límite máximo de 10.000 euros por actuación marcado inicialmente. A Asocición Sodinautica propuxo un cambio de motor foraborda de apoio de galeón, obtendo o 79,94% do orzamento da actuación con 60 puntos de valoración.
No concello de Poio só optou unha entidade ás axudas provinciais, a Asociación A Reiboa, que presentou un proxecto para a reparación do galeón ‘Luisa III’ cun orzamento de 6.753 euros e unha petición de subvención de 5.402 euros, que finalmente foi concedida tras unha valoración de 90 puntos por parte do comité.
No Salnés son sete os colectivos que percibirán 59.000 euros da Deputación de Pontevedra. Segundo explica a deputada María Ortega, na Illa de Arousa recibiron colaboración económica catro entidades. A Asociación Fasquía recibiu 10.057 euros para o cambio dun elemento estrutural dunha dorna tradicional, conseguindo o 80% do orzamento da actuación e recibindo 80 puntos pola adecuación ás bases; a asociación Culturral Dorna, recibiu 4.322 euros para a intervención no galeón ‘Rei do Mar’, con 85 puntos de valoración e tamén o 80% do orzamento da intervención, o máximo posible. A Asociación Komaira recibirá 10.043 euros para a recuperación da embarcación tradicional homónima, con 95 puntos de valoración e tamén o máximo de subvención, e a Asociación DS Illa de Arousa percibirá 9.653 euros para a rehabilitación do ‘Barco de San Pedro’, valorada con 90 puntos e tamén o 80% do orzamento.
En O Grove, os Amigos da Dorna meca recibirán 10.121 euros para a mellora dunha embarcación tradicional (85 puntos); en Sanxenxo os Amigos da Dorna de Pontevedra recibirán 10.000 euros para a fase final da rehabilitación da ‘Dorna nai Surfeira’; e a Asociación Calmoseira de Cambados percibirá 4.854 euros para os remates e reparación do galeón Adelino Manuel, obtendo a máxima puntuación (100 puntos).
Todas as actuacións subvencionadas tiveron que ser realizadas ao longo de 2020 empregando solucións construtivas de deseño tradicional e orixinal, ademais de materiais propios, quedando excluídas da convocatoria os usos para a pesca ou a acuicultura.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.