Este martes sortéanse as 2.200 prazas do programa “Depo Aventura” A Lanzada

A deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, asistirá ao acto na que sortearanse as prazas entre as máis de 3.500 solicitudes recibidas

Este martes 22 de maio, no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra, terá lugar o sorteo das prazas do programa “Depo Aventura” A Lanzada, organizado pola institución provincial e que se desenvolverá entre xullo e setembro.

Ao acto asistirá a deputada de Cohesión Socia e Xuventude, Digna Rivas, que presenciará o sorteo das 2.200 prazas que ten dispoñibles este demandado programa da Deputación de Pontevedra. De feito, este ano a institución provincial recibiu máis de 3.500 solicitudes.

Unha vez realizado o sorteo das prazas adxudicadas, os resultados disporanse na páxina web www.depo.gal. Amais, durante o mércores 23 de maio as familias, mediante SMS ao móbil, serán informadas da quenda que lle corresponde aos seus fillos ou/e fillas.

Para este verán, a Deputación organiza 11 quendas, con 200 prazas cada unha, coa finalidade de dar cabida na Lanzada ás 2.200 nenas e nenos con idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos, nados entre o 2005 e o 2010, e empadroados nos concellos da provincia. Das 2.200 prazas, 300 son gratuítas para familias en situación ou risco de exclusión social. A primeira quenda terá lugar do 24 ao 30 de xuño e as seguintes do 1 ao 7 de xullo, do 8 ao 14 de xullo, do 15 ao 21 de xullo, do 22 ao 28 de xullo, do 29 de xullo ao 4 de agosto, do 5 ao 11 de agosto, do 12 ao 18 de agosto, do 19 ao 25 de agosto, do 26 de agosto ao 1 de setembro e do 2 ao 8 de setembro. A próxima semana publicarase a lista de nenas e nenos admitidas e admitidos e abrirase un prazo para que as familias poidan presentar, se así o desexan, reclamacións.

Depoaventura A Lanzada contará con actividades cun claro compoñente educativo no ámbito do lecer, lúdicas, culturais, deportivas e formativas que contribúan ao enriquecemento persoal e á adquisición de habilidades sociais. A principal novidade deste ano ven dada pola resposta e compromiso adquirido trala vaga de lumes de introducir actividades de formación e educación ambiental. Deste xeito, en cada unha das quendas, haberá unha actividade centrada na concienciación sobre a posta en valor dos montes e prevención dos lumes.

Xunto a este actividade, os campamentos da Deputación tamén están orientados á consecución de hábitos saudables, ao fomento de actitudes solidarias e de convivencia, á promoción da educación e igualdade de xénero e ao fomento do respecto ao medio ambiente.  Amais, tamén se inclúe unha visita á Illa de Ons e outra de carácter cultural, deportiva ou relacionada coa natureza e, ao igual que aconteceu o ano pasado, deberán impulsar actividades en lingua inglesa co obxectivo de mellorar o seu dominio do idioma nun contexto de lecer.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM