Este xoves en Vigo mulleres emprendedoras comparten a súa “Lista de Propósitos”

O vindeiro xoves 20 de decembro, en horario de 16.00 a 20.00 horas celebrarase en Vigo o evento “A Lista de Propósitos”, organizado pola comunidade de mulleres emprendedoras, Mulleres Atlánticas, no espazo MUTA.

Emprendedoras e empresarias aprenderán como sacarlle o máximo partido ao Email Marketing aplicado ao seu negocio con Beatriz Moure (Experta en Email Márketing); a ter unha relación máis saudable coas súas finanzas con Nieves Villena (Economista e experta en Felicidade Económica); e a coidar ata o máis mínimo detalle da Experiencia de Marca con Marta Araújo (Directora Executiva de Castelbel).

Unha cita que non poden perder emprendedoras, empresarias ou futuras emprendedoras que queiran terminar o ano mellorando nesas materias pendentes, e coñecendo a outras mulleres que desenvolven a súa actividade en Galicia e no Norte de Portugal.

 
Máis información e entradas dispoñiblesaquí

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM