II Premio de Ilustración, na procura da imaxe do XX Salón do Libro Infantil

O prazo para presentar traballos ao concurso ábrese hoxe e estenderase até o 10 de outubro

O Concello e Galix (Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil) convoca o II Premio Internacional de Ilustración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra co fin de escoller a imaxe do cartaz da que será a XX edición do Salón, que estará adicado á revolución.

A concelleira de Cultura e Educación, Carme Fouces, acompañada polo director da Galix e tamén director de OEPLI, Xosé Antonio Perozo anunciou a convocatoria do certame ao tempo que desvelou as datas da próxima edición do Salón: celebrarase do 22 de marzo ao 12 de abril de 2019, e como sempre no Pazo da Cultura.

O prazo para presentarse ao Premio de Ilustración comeza hoxe mesmo e estenderase até o 10 de outubro. A técnica empregada para a ilustración é libre pero o envío da mesma farase exclusivamente en formato dixital a través da web: www.salondolibro.gal/ ilustra

“Queremos manter e se cabe aumentar a participación e interese polo mundo adiante no certame que agardamos sexa un referente no sector”, sinalou a concelleira após de lembrar que o pasado ano, cando se celebrara a primeira edición foran 234 os traballos presentados por autores de máis de 20 nacionalidades. Houbo traballos chegados de toda Galicia e do resto do Estado, de distintos países Latinoamérica (Chile, Arxentina, Ecuador…), de Europa (Francia, Italia, Rusia, Alemaña, Estonia…), de Irán, etc.

A temática do XX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra – a revolución- elixiuse após de ter consultado a un comité de expertos, integrado por persoas ben coñecedoras do Salón e do mundo das LIX e das crianzas (docentes, pais e nais, libreiras/os,…),aos centros de ensino e a colaboradores. “Trátase dun tema co que esperamos dar moito xogo, aberto a diversas interpretacións, co que queremos explorar o lado máis subversivo, belixerante, combativo dos libros e a lectura para transformar o mundos” explicou Carme Fouces, segura de que “un libro pode revolucionar o mundo, un libro pode revolucionar unha vida”.

Ao contrario que na última edición, o XX Salón non vai a ter un país convidado, “vai a ter toda unha literatura”: a Literatura Infantil e Xuvenil dos países e comunidades lusófonas. O Concello xa conta coa colaboración de institucións como o Instituto Camoés ou a Embaixada de Brasil para avanzar nos preparativos, e ten contactado con autores/as e ilustradores/as de Portugal, Brasil, Cabo Verde, Angola…co fin de construír un programa que dea conta da variedade e riqueza da LIX de toda a lusofonía e tamén para explorar a dimensión internacional da nosa lingua. “Agardamos que a aposta pola lusofonía contribúa a darlle pulo ao idioma”.

bases Gal Premio 2019

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM