María Xosé Caride ve “unha tomadura de pelo” respecto diso do estudo que quere realizar a Xunta no Río Lagares

O día de onte a Xunta daba a coñecer unha adxudicción da redacción dun estudo sobre os terreos da zona de fluxo preferente do río Lagares, María Xosé Caride concelleira de Urbanismo ven manifestar que a administración autonómica “segue a tomarlle o pelo a esta cidade”.

“A Xunta vén de anunciar a redacción dun estudo sobre terreos do Lagares por un importe de 18.000 euros que non responde, en absoluto, ás demandas que o Concello require desde hai anos. Un estudo xeotécnico duns proxectos que non foron aprobados por ningún órgano autonómico, nin están incorporados en ningún plan da Xunta de Galicia. Un estudo “irrelevante”, en canto que non contempla as necesidades reais do río, como son a limpeza e o desbroce do mesmo que tería que asumir a administración autonómica. O Concello de Vigo adícalle a esta tarefa 140.000 euros que tería que ter asumido a Xunta de Galicia”, manifesta a concelleira de urbanismo.

En concreto, o Concello está realizando labores de limpeza, conservación e mantemento do río, traballando actualmente en 17 quilómetros do cauce, retirando elementos arrastrados, realizando poda en altura, poda preventiva, desbroce manual ou elementos caídos. Con esta actuación o Concello mellorará a capacidade hidráulica do río, reducirá o nivel de nutrientes e contaminantes do solo e retirará elementos artificiais que alteran a morfoloxía do leito do río. Pero ademais deste proxecto, o Concello de Vigo ten en marcha o procedemento para completar o paseo do Lagares e estendelo desde a Avenida de Madrid a Manuel Álvarez, cun orzamento de 785.571 euros; un proxecto que incorpora un estudio medioambiental de todo o trazado e que prevé a plantación de 140 árbores de gran porte e a recuperación da biodiversidade das marxes e espazos fluviais coa plantación de 640 arbustos e pequenas árbores.

María Xosé Caride: “É o Concello de Vigo o que está a asumir a limpeza e a responsabilidade sobre o río, polo que con estes anuncios entendemos que a Xunta de Galicia segue tomándolle o pelo á cidade, coa complicidade da delegada da Xunta en Vigo”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM