Medio Rural destinou en 2017 máis de 3,6 millóns de euros ás axudas para fomentar a calidade agroalimentaria galega

Estes fondos serviron para apoiar os consellos reguladores, financiar programas de calidade e facer promoción destas producións diferenciadas

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe tres resolucións da Consellería do Medio Rural polas que se dá conta das subvencións concedidas no 2017 para impulsar a calidade dos produtos agroalimentarios galegos e facer promoción deles nos diferentes mercados.

En conxunto, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez destinou o pasado ano máis de 3,6 millóns de euros a esta finalidade. Deles, case 2,9 millóns serviron para apoiar a diferentes agrupacións de produtores (28 en total) para a realización de actividades de información e promoción destes produtos con calidade diferenciada.

Outros 480.000 euros financiaron os gastos de funcionamento dos diferentes consellos reguladores das denominacións e indicacións xeográficas protexidas da nosa comunidade e, por último, 300.000 euros máis dedicáronse a sufragar programas de calidade desenvolvidos por estas mesmas entidades.

Con estes fondos, a Xunta fomenta a calidade das producións agroalimentarias galegas e favorece, así mesmo, a realización dos necesarios controis que garanten esa excelencia. Por outra banda, colabórase cos diferentes consellos reguladores no seu labor de fomento e promoción de toda esta riqueza.

Os enlaces ás tres resolucións son os seguintes:

Axudas aos consellos reguladores para gastos de funcionamento:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180220/AnuncioG0426-120218-0004_gl.html

Axudas para programas de calidade:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180220/AnuncioG0426-120218-0006_gl.html

Axudas para actividades de información e promoción:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180220/AnuncioG0426-120218-0007_gl.html

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM