O Local de Música prepara a posta en escena das bandas locais para as Festas do verán

Ademais de cambiar a imaxe, tamén pon en marcha unha páxina web localdemusica.gal que serve para traballar en rede con todos os usuarios do Local.

O Local de Música de Pontevedra atópase inmerso nun fervedoiro de actividade no verán. Refeita a súa imaxe para afrontar unha nova etapa, grazas á colaboración dos grupos que traballan dentro das instalacións, agora pon en marcha unha nova páxina web localdemusica.gal que dá unha gran multifuncionalidade aos usuarios e traballadores do Local, ademais de ser unha excelente carta de presentación para a sociedade pontevedresa.

Esta nova ferramenta dixital permite abrir itinerarios formativos para os usuarios e integrar novos programas como Cabos Soltos procurando ser un punto visíbel da hostalería da cidade.

Nun marco de grande actividade musical na cidade, o Local de Música reformulou hai dous anos os Bolos do Local en tres liñas de traballo partindo do curso de programación musical:

  • A Peregrina, que é a escolla dun grupo que fará de teloneiro dun concerto das Festas da Peregrina, na praza do Concello. Nesta ocasión será Fondo Norte.
  • Son da Serea son as bandas de música local que tocarán na praza do Teucro o 29 e 30 de xullo. Os grupos son Jacobo Sainz, Liberad al Kraken, Cubo Metálico, Flava Bowl, Anecoid, Fast Fuzz, Ashes of Eden e Anadhor.
  • Serán de Tralla é un día onde a música e o deporte se misturan para facer unha gran festa, no que a mocidade reúnese para pór en valor o talento emerxente musical da cidade. As bandas que tocarán neste Serán de Tralla son: DabelaII, Daquela, Deliria Drama, Essa Galera, Fuzz Faces, Longfield, No te puto pilles,  Proceso norte e Savage Wolf. O Serán de Tralla será este sábado, 29 de xuño ás 18.30 horas no skatepark provisional de Mollavao.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM