Participa na enquisa de Naturalmente diversas!

#NaturalmenteDiversas #ecofeminismo

Naturalmente diversas é un proxecto de ADEGA que ten como finalidade incorporar unha perspectiva feminista e sexodiversa nas actividades de Educación Ambiental(EA). Para acadar este obxectivo, o noso propósito é a elaboración dunha guía de boas prácticas que permita detectar e rachar estereotipos de xénero e situacións de desigualdade e de discriminación durante o desenvolvemento dunha actividade de EA.

Para afondar no contexto e coñecer o punto de partida, pareceunos interesante lanzar unha enquisa para recoller experiencias, situacións e sentires de discriminación ou exclusión, tanto de voluntarias e voluntarios, como de profesionais ou activistas que se dedican á educación ambiental. A enquisa tamén vai destinada a persoas que nunca se dedicaron á EA, co fin de saber se a falta de representatividade, o xénero ou a orientación sexual é un aspecto determinante para non participar nestas actividades.

Por estes motivos animámosvos a participar na enquisa de Naturalmente Diversas que atoparás na seguinte ligazón, co fin de construírmos entre todas un mundo e uns espazos moitos máis xustos e inclusivos. Non te levará máis dun minutiño en realizar a enquisa e desde ADEGA ficaremos máis que gratas en coñecer a túa experiencia.

Enquisa: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeuP75FObmPdR5j93aK27gIwZT5Qek9Hb1eX8PNDT0r1mU6ww/viewform

Grazas desde xa!

Os motivos e os obxectivos da guía

O paternalismo, os estereotipos , os roles de xénero ou a linguaxe, entre outras actitudes asumidas na sociedade patriarcal, son detonantes de situacións de discriminacións de xénero, de orientación sexual, de raza, etc na que a educación ambiental non é allea.

Educación Ambiental é unha ferramenta de transformación social, cuxo obxectivo é procurar cambios individuais e sociais que provoquen unha mellora ambiental no medio, así como un mundo máis sostible, xusto e igualitario. Por iso, incorporar unha perspectiva inclusiva feminista e sexodiversa é máis que necesaria para acadar este obxectivo transformador da EA.

Para rachar con estas situacións, estamos a elaborar a guía Naturalmente Diversas, que ten como finalidade permitir ao monitorado dunha actividade de educación ambiental detectar discriminacións e dotarlle de ferramentas para acabar con estas prácticas. Tamén vai dirixida ás persoas voluntarias e activistas que queiran incorporar esta perspectiva no traballo desenvolto durante unha actividade de educación ambiental. Así, o principal obxectivo deste proxecto é a elaboración dunha guía de boas prácticas para evitar o machismo e a lgtbfobia, así como outras discriminacións, no eido da Educación Ambiental.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM