Piden ao Concello de Xixón que tome medidas para evitar novas manchas de carbón en San Lorenzo

A asociación soubo pola súa delegación territorial no Principado de Asturias que os veciños desta praia padecéronas nos meses de novembro e decembro, afectando a gran parte da area.
FACUA-Consumidores en Acción solicita ao Concello de Xixón que tome medidas para que non se volvan a producir novas manchas de carbón na contorna da praia de San Lorenzo.
 
A asociación tivo coñecemento a tráves da súa delegación territorial no Principado de Asturias, de que os veciños desta zona sufriron en novembro e decembro varias manchas que cubríeron gran parte da area.
 
FACUA descoñece a orixe destas manchas; pero segundo lavozdeasturias.es, que cita unha investigación de científicos asturianos, o carbón non só procede do buque que embarrancó hai 32 anos moi preto de Cimavilla, o Castelo de Salas, senón que tamén unha parte dese sedimento ten a súa orixe no movemento de graneis do porto do Musel.
 
A asociación lembra ao Consistorio gijonense que a Lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas, no seu artigo 115, apartado d, recolle que é competencia municipal “manter as praias e lugares públicos de baño nas debidas condicións de limpeza, hixiene e salubridade”.
 
Así mesmo, FACUA sinala que a Lei do Principado de Asturias 11/2002, do 2 de decembro, dos Consumidores e Usuarios, no seu artigo 3, apartado primeiro, letra a, reflicte que é un dereito básico destes “a protección fronte aos riscos que poidan afectar á saúde e seguridade, incluíndo aqueles que ameacen ao medio ambiente e á calidade de vida”.
 
A asociación reclama, ademais, ao Goberno municipal de Xixón que informe de todas as actuacións que vaia a levar a cabo para arranxar esta situación, que non é a primeira vez que padecen os gijonenses, e da orixe concreta destas manchas de carbón que apareceron en San Lorenzo nos dous últimos meses de 2018.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM