Últimos días para presentarse á bolsa de investigación sobre terceira idade

Financiará con 1500 euros un traballo de alumnado ou profesorado

O día 21 de maio remata o prazo de presentación de propostas á convocatoria da bolsa de investigaciónda Fundación Dorzán froito dun convenio de colaboración asinado entre esta entidade sen ánimo de lucro e a Universidade de Vigo. A bolsa, que financiará un único traballo coa cantidade de 1500 euros, está dirixida ao alumnado matriculado durante o curso 2017/2018 no campus de Ourense e ao persoal docente e investigador que no momento da convocatoria se atope en situación de servizo activo na Universidade de Vigo.

O obxectivo último da iniciativa, á que se poden presentar tanto persoas físicas como grupos de investigación, é fomentar o estudo ou investigación de técnicas ou protocolos que axuden a mellorar a calidade de vida das persoas maiores e que poidan aplicarse con posterioridade noutros ámbitos. Os proxectos de investigación que se presenten a esta convocatoria deberán centrarse, preferentemente, nunha ou varias das áreas temáticas relacionadas coa xerontoloxía e ou a xeriatría, desenvolvidas no ámbito comunitario ou desde algún dispositivo pertencente á rede asistencial de atención ás persoas maiores. Na valoración dos proxectos teranse en conta factores como a experiencia da persoa solicitante, a innovación, a calidade científico-técnica e a viabilidade e aplicabilidade.

Entre as liñas financiables están estudos sobre estereotipos, prexuízos, discriminación ou coñecementos relacionados co envellecemento e os seus procesos; deseños ou validación de instrumentos de avaliación xeriátrica ou xerontolóxica e programas de intervención dirixidos a mellorar a calidade de vida das persoas maiores ou ao fomento do envellecemento activo. Outros temas de interese para esta convocatoria son a promoción de hábitos e comportamentos que contribúan a mellorar a saúde deste colectivo; innovacións tecnolóxicas que favorezan a atención da terceira idade e investigacións e programas de prevención de accidentes ou de intervención preventiva ou correctiva dirixidos a reducir a incidencia e prevalencia de enfermidades ou trastornos psicosociais frecuentes. Completan este listado de liñas financiables programas de intervención dirixidos a mellorar a calidade de vida das persoas maiores con enfermidades neurodexenerativas ou dos seus coidadores, ou calquera investigación, programa de intervención ou desenvolvemento tecnolóxico que contribúa a mellorar o benestar, a saúde ou a imaxe social das persoas maiores. Os estudos deben enmarcarse en Galicia, cun ámbito preferente de actuación na provincia de Ourense.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM