Un motorista resulta ferido despois de precipitarse desde unha ponte en Vigo

Un motorista foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro na tarde de hoxe ao caer desde unha ponte próxima a rotonda de Navia, en Vigo. Segundo a información facilitada polos particulares que contactaron co 112 Galicia, o varón caera nunha zona de terra nas inmediacións do río Lagares e parecía necesitar asistencia médica urxente.

Este é o segundo accidente destas características rexistrado polo 112 Galicia nas últimas 24 horas. O primeiro tivo lugar na Coruña e o ferido tamén necesitou a axuda dos servizos de emerxencia ao precipitarse desde outra ponte.

Nada máis ter constancia dos feitos, ás 17:30 horas, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) solicitou a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Vigo.

Unha vez no punto, os efectivos do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento tratou de rescatar o ferido para que o equipo médico puidese realizar o seu traslado ao centro hospitalario.

Para garantir as condicións de seguridade na vía, desde o 112 informouse igualmente aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, ben como aos efectivos de Protección Civil de Vigo.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM