A Xunta inicia a tramitación do plan reitor de usos e xestión do Parque Natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a anuncio polo que se inicia un período de 20 días para que as persoas interesadas poidan remitir as observacións e opinións sobre o documento de inicio

A Xunta de Galicia inicia hoxe a tramitación do Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixan en 2018, tal e como comprometera a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se acorda someter a participación pública o documento de inicio para a elaboración do Plan reitor deste parque natural. Asemade, ao longo das vindeiras semanas tamén se celebrarán encontros e reunións cos sectores implicados para consensuar a redacción deste documento.

O obxectivo é acadar un documento que sirva para conservar o parque natural regulando os usos que se desenvolven, co fin último de que a xestión deste espazo permita compatibilizar a actividade tradicional coa preservación do medio.

Cómpre salientar que os plans reitores de uso e xestión desenvolven as prescripcións emanadas do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais de cada parque e delimitarán as previsións de actuacións da administración no seu ámbito de aplicación, e en particular a investigación, o uso público e a conservación, protección e mellora dos valores naturais.

No caso de Corrubedo, este parque destaca pola súa extensa duna móbil (1 km de longo, 250 m ancho e 15 m alto), que é un dos maiores atractivos deste espazo natural, pero non o único. O Parque Natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é un excelente exemplo de complexo-lagoa litoral en Galicia. Conta cun extenso sistema dunar de gran valor natural e paisaxístico e alberga moitos tipos de hábitats nun espazo relativamente reducido. Abrangue 996 ha, sendo o quinto en extensión dos seis parques naturais galegos. Foi o segundo de Galicia, declarado o 15/06/1992.

Así, o futuro PRUX determinará os programas que fagan compatible a protección dos espazos protexidos co uso público e que se desenvolverán en colaboración con outros departamentos administrativos da Xunta.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM