A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas amplía o seu horario abrindo os sábados

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas dependente da Concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, amplía o seu horario abrindo tamén os sábados pola mañá de 10:30 a 13:30 h. Este novo horario coincide cos exames de xaneiro, desta forma os estudantes poderán preparalos máis e mellor.

Hai que ter en conta que a Biblioteca atópase, debido á pandemia, ao 50% da súa capacidade e respectando todas as medidas de seguridade como o uso obrigatorio de máscaras, ventilación nas súas salas, utilización do xel hidroalcólico e a consabida distancia de seguridade.

A Biblioteca de Ponteareas ofrece tres salas de estudo con 30 postos lectura, ademais dun catálogo de mais de 23.000 libros, servizos de microteca, hemeroteca e sala infantil.

Desta maneira o horario de apertura da biblioteca é de luns a venres de 09:00 a 21:00 h de maneira ininterrompida e os sábados de 10:30 a 13.30 h abrindo un total de 63 h semanais o que a converte nunha das bibliotecas de Galicia cun horario máis amplo.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM