A Concellaría de Medio Ambiente da explicacións sobre a obra de saneamento e abastecemento en Torres Agrelo

Medio Ambiente asegura que a obra de Servizos e pavimentación da contorna do Pazo Torres Agrelo ten partida orzamentaria reservada e pide o Partido Popular que deixe de intoxicar a veciñanza.

A concellería de Medio Ambiente de Redondela da que dependen as obras de saneamento e abastecemento do Concello de Redondela manda unha mensaxe de tranquilidade a veciñanza. Asegurando rotundamente que a obra de Servizos e pavimentación da contorna do Pazo Torres Agrelo ten partida orzamentaria reservada e que se contratará cando teña todas as autorizacións sectoriais favorables. Mantense así o compromiso do equipo de goberno que xa deixou claro a finais do ano 2019, informando que o proxecto sufriría modificacións para corrixir os problemas coa autorización de patrimonio e que tería reserva orzamentaria garantida. Volveuse a reafirmar o compromiso en nome do equipo de goberno por parte do Concelleiro de Medio Ambiente Roberto Villar en varias xuntanzas coa veciñanza e partes interesadas a finais deste ano 2020. Polo tanto seguen sen cambio de rumbo as intencións deste Concello de executar o proxecto en canto ADIF resolva favorablemente a autorización para a execución das obras , pois o resto de autorizacións xa están concedidas.

O proxecto orixinal do goberno anterior era imposible de executar pola desautorización da Consellería de Cultura e Patrimonio comunicada ó Concello en Febreiro do 2019.

“Este proxecto foi vendido a “bombo e pandeireta” sen ningún tipo de reparo polo PP nas eleccións municipais de Maio de 2019, cunha autorización desfavorable de Febreiro de 2019 as súas costas. E ven agora a señora Amoedo a dar leccións de transparencia envelenado a veciñanza con trapalladas mediáticas de fin de semana”, afirma o Concelleiro de Medio Ambiente. Un problema que quedou resolto coa eliminación do trazado da rede de saneamento do interior do Pazo Torres Agrelo, cun novo trazado alternativo aportado por un técnico municipal en febreiro de 2020 (tramitado en estado) de alarma e que foi autorizado por patrimonio o pasado mes de novembro. Polo que este proxecto xa conta con un paso máis para ser unha realidade a falta da autorización de ADIF, todo o contrario do que intenta afirmar a voceira do Partido Popular con declaracións tóxicas nos medios de comunicación.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM