A Xunta activa mañá a alerta laranxa por temporal no litoral noroeste da provincia de A Coruña

Agárdase rachas de vento leste de forza 8

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar para mañá a alerta laranxa rachas de vento leste forte de forza 8.

Trátase dun fenómeno meteorolóxico costeiro adverso, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), que dará comezo ás 9:00 de mañá e afectará o noroeste da provincia da Coruña.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincia afectada; á Deputación, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Debido ao temporal costeiro, recoméndase evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Permanecer lonxe da costa, praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos ou todas aquelas zonas que podan ser varridas polo mar.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM