A Xunta publica no DOG a aprobación definitiva da modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial da Veigadaña, en Mos, para adaptalo á demanda actual

Desde o 2009 adxudicáronse máis de 261.000 metros cadrados neste parque, convertido nun importante polo de desenvolvemento económico do sur da provincia

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación definitiva da modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial da Veigadaña, en Mos, para adaptalo á demanda actual.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información da resolución publicada hoxe: https://bit.ly/2GMuAeL

Cómpre lembrar que o Consello da Xunta aprobou o pasado 8 de marzo esta modificación puntual co obxectivo de adecuar as súas ordenanzas á demanda existente en dito parque empresarial.

A modificación puntual do proxecto sectorial incide sobre determinadas magnitudes da ordenación do parque empresarial, como a superficie mínima das parcelas e as condicións de parcelación, os usos predominantes e compatibles do solo do parque empresarial. Neste sentido, increméntanse os posibles usos do solo dotándoo de flexibilidade para adaptalo á evolución da demanda.

No parque empresarial de Mos adxudicáronse desde 2009 máis de 261.000 metros cadrados de solo empresarial en compravenda ou dereito de superficie, o que converte a este parque empresarial nun importante polo de desenvolvemento económico do sur da provincia de Pontevedra.

Actualmente no parque empresarial de Mos existen 18 parcelas dispoñibles para a venda ou adxudicación en dereito de superficie. A superficie total das mesmas é de 131.780 metros cadrados.

O prezo das parcelas do parque empresarial de Mos está bonificado nun 30 % e tamén se poden adxudicar en dereito de superficie, cun canon anual dende 2,12 euros por metro cadrado os dous primeiros anos.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM