A Xunta publica no DOG a formalización do encargo á empresa Tragsa dos servizos de explotación, mantemento e conservación da depuradora do Grove

Trátase de atender as instalacións desta planta ante o risco de contaminación que supón a desatención, por parte do Concello, das súas competencias no mantemento e explotación da EDAR

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se formaliza o encargo á Empresa de Transformación Agraria (Tragsa) dos servizos de explotación, mantemento e conservación da estación depuradora de augas residuais do Grove.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa á resolución: https://bit.ly/2lFe46p

O Consello da Xunta autorizara no mes de xullo a intervención e asunción temporal por Augas de Galicia da xestión e explotación desta depuradora ao longo dun ano para garantir o servizo axeitado de depuración e preservar a calidade das augas da ría de Arousa.

Trátase de atender as instalacións ante o risco de contaminación que supón a desatención, por parte do Concello, das súas competencias no mantemento e explotación da EDAR.

O Executivo autonómico asume así a xestión desta infraestrutura durante os vindeiros 12 meses, cun importe de explotación que ascende a 495.635,83 euros e que serán repercutidos á Administración local.

A intervención do servizo remataría no suposto de que o Concello asuma o seu deber en relación coa prestación do servizo de depuración, encargándose de xeito efectivo da xestión e explotación da EDAR.

Non obstante, Augas de Galicia, realizou dous requirimentos á Administración local para a asunción da xestión da infraestrutura hidráulica, que foi rexeitada, polo que actualmente o procedemento se desenvolve por vía xudicial.

Cómpre lembrar que o Goberno galego investiu preto de 7 millóns de euros na execución desta instalación para que o municipio exercese as súas competencias de depuración.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM