A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do Concello de Bueu do treito da vía provincial que coincide coa rúa Ramón Bares

As transferencias de estradas tramítanse conforme coa Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece a súa aprobación por decreto da Xunta por proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Bueu do treito do viario provincial EP-1310, e que coincide coa rúa municipal Rúa Ramón Bares.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: http://xurl.es/1nqlp

O concello pontevedrés solicitou á deputación provincial a transferencia deste treito urbano que coincide co núcleo rural, e que redundará no mellor mantemento da estrada así como un control mais directo sobre esta o que evitará posibles ocupacións indebidas no dominio público. A petición prodúcese tras rematar a colaboración do organismo provincial coa entidade local na execución das obras de reurbanización da entorna.

A Administración provincial de Pontevedra considerou axeitado o cambio de titularidade a prol do Concello de Bueu, xa que, polo seu trazado, lonxitude e a súa funcionalidade actual, non reúne as características propias dunha estrada provincial. Deste xeito, o organismo provincial emite informe favorable á transferencia deste treito e solicita o cambio de titularidade á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

A transferencia a prol do Concello de Bueu deste treito provincial tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, é foi aprobado no Consello da Xunta o pasado día 23 de maio, a proposta do departamento de Infraestruturas da Xunta competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións implicadas.

Co cambio de titularidade, o Concello de Bueu asume a competencia para actuar neste tramo e asume a responsabilidade da súa xestión, mantemento e conservación e poderá actuar de modo acorde coas súas características.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM