A Biblioteca Municipal pendura na súa web a programación de actividades para o ano 2018

Biblioteca Municipal do Porriñodependente da Alcaldía, vén de publicar a súa programación de actividades para o ano 2018. Na mesmas cabe salientar a variedade de propostas, os distintos formatos e a ampla temática da oferta formativa e lúdica, buscando que “a biblioteca municipal se converta nun espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social”.

Ademais dos tradicionais servizos que prestan as bibliotecas públicas, o centro porriñés reorienta a súa actividade tentando adaptarse á evolución da comunidade de usuarios e as necesidades sociais.

Para este ano, a Biblioteca Municipal do Porriño ofrece distintos obradoiros, actuacións musicais, roteiros de patrimonio, clubs de lectura para adultos e menores, cursos de cociña, grupos de conversación en alemán e inglés en varios niveis; cursos de alfabetización dixital para maiores en distintos niveis, obradoiros de fotografía dixital, de escritura creativa, formación de usuarios, charlas, proxección de documentais ou encontros de ciencia.

Este 2018, a biblioteca iniciará un programa de visitas escolares durante todo o ano para formar ao alumnado local na utilización dos diferentes servizos e recursos que esta ofrece, como a consulta e manexo da súa páxina web e do catálogo, facilitando ordenadores para uso das alumnas e alumnos nestas visitas reguladas.

Por último, a Alcaldía do Porriño adianta que a Biblioteca Municipal levará a cabo durante o 2018 unha ampla programación de actividades de animación á lectura, con espectáculos para os máis pequenos, que se presentarán proximamente.

Na web www.bibliotecadoporrino.com  xa aparece publicada a relación de cursos e obradoiros para este ano, indicando que as inscrición xa está abertas para as que se celebren antes do verán.

Todas son gratuítas pero é necesario inscrición previa -presencial ou no teléfono 986337624-, tendo preferencia as persoas empadroadas no Porriño. Os participantes tamén deberán ser socios/as da Biblioteca Municipal do Porriño ou da rede de bibliotecas de Galicia.

 

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM