CCOO-Ensino esixe medidas para iniciar con garantías o vindeiro curso

O sindicato coida «neglixente» a actitude da Consellaría de Educación

A Federación de Ensino de CCOO esíxelle á Consellaría de Educación que adopte medidas para poder iniciar con garantías o vindeiro curso académico. O sindicato acusa o departamento autonómico de estar «centrado exclusivamente nas eleccións» do 12 de xullo, «igual ca o resto do Goberno galego».

Para CCOO, a actitude da Consellaría é «neglixente» e lembra que xa o pasado 2 de xullo presentou no rexistro da Xunta un documento con 25 medidas para poder comezar o vindeiro ano académico coas debidas garantías.

Desde CCOO-Ensino ven «unha absoluta irresponsabilidade» que non se teña organizado aínda un grupo de traballo co fin de prever os diferentes escenarios, nin tampouco exista aínda un plan estratéxico para afrontar a situación.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM