Cine ao aire libre con “Pérez, o ratiño dos teus soños”, este domingo na Praza do Seixo.

A sesión, de balde e para todo público, comezará ás oito da tarde

O Concello de Tomiño ofrece unha nova entrega de cine ao aire libre; esta vez para dar a benvida ao outono. A película “Pérez, o ratiño dos teus soños”, para todo público, poderase ver, de balde, o vindeiro domingo, 23 de setembro, na Praza do Seixo, dentro do programa #Redecinema2018 de Política Lingüística.
IMPORTANTE: A hora da proxección (inicialmente prevista para as 21.30 horas) adiántase ás 20.00.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM