Convocan os exames ordinarios e extraordinarios de 2020 para o manexo das embarcacións de lecer e motos náuticas

As titulacións para as que se convocan os exames son patrón para a navegación básica, patrón de embarcación de lecer, patrón de iate, capitán de iate e patrón de motos náuticas A e B

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana as datas para a realización dos exames ordinarios teóricos e prácticos para obter os títulos que permiten manexar embarcacións de lecer e motos náuticas en Galicia. As titulacións para as que se convocan os exames son patrón para a navegación básica, patrón de embarcación de lecer, patrón de iate, capitán de iate e patrón de motos náuticas A e B. Para optar a elas realizaranse exames teóricos e prácticos nos centros oficiais de ensino pesqueiro da Consellería do Mar.

No caso de patrón para a navegación básica, os exames teóricos realizaranse o 11 de maio e o 7 de setembro; as probas teóricas de patrón de embarcación de lecer serán o 12 de maio e o 8 de setembro; e as de patrón de iate realizarase os días 13 de maio e 9 de setembro. Os exames prácticos destas tres titulacións realizaranse o 15 de maio e o 11 de setembro e todas estas probas terán lugar no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo e nas Escolas Oficiais Náutico-Pesqueiras de Ferrol e Ribeira.

En relación aos exames de capitán de iate, o teórico realizarase o 14 de maio e o 10 de setembro, e o práctico terá lugar o 15 de maio e o 11 de setembro. Os exames teórico e práctico de patrón de moto náutica A e B serán o 15 de maio nunha única convocatoria. Estas probas de capitán de iate e de patrón de moto náutica A e B realizaranse no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

As persoas interesadas en presentarse aos exames teóricos e prácticos deberán solicitar a súa admisión mediante unha solicitude dirixida ao centro oficial de ensino pesqueiro onde realizará o exame. O modelo de solicitude figura como anexo I da resolución que publicou o DOG o pasado xoves. Ademais na resolución poderán consultar os requisitos necesarios e a documentación complementaria que debe presentar coa solicitude. Para a convocatoria de maio poderán inscribirse do 23 de marzo ao 3 de abril, ambos incluídos, e para a de setembro o período de matrícula é do 20 ao 31 de xullo, ambos incluídos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez publicada a listaxe definitiva de aspirantes aos exames, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro nomeará os tribunais para a realización das probas, e indicará as horas dos exames no taboleiro de anuncios do centro de ensino e no portal web de formación da Consellería do Mar.

A continuación móstranse as datas dos exames e os centros onde se efectuarán, tanto na súa convocatoria de maio coma na de setembro. Cabe recordar que, no caso de patrón de moto náutica A ou B, non hai convocatoria de setembro.

Convocatoria de maio de 2020

 

Titulacións
Exame teórico Exame práctico Centros de ensino onde se realizarán os exames teóricos e prácticos
Patrón/Patroa para Navegación Básica 11 de maio 15 de maio Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo Avda. Beiramar, 55, 36202-Vigo Teléf. 886110825 / 886110826

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol (R/ 19 de Febreiro, 30-34, 15405-Ferrol. Teléf. 881938212 / 881938213)

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira (R/ dos Estudantes, 7, 15960-Ribeira. Teléf. 881866317 / 881866324)

Patrón/Patroa de Embarcacións de Lecer 12 de maio 15 de maio Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Patrón/Patroa de Iate 13 de maio 15 de maio Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Capitán/Capitá de Iate 14 de maio 15 de maio Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo
Patrón/Patroa de Moto Náutica “A” ou “B” 15 de maio 15 de maio Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Convocatoria de setembro de 2020

 

Titulacións
Exame teórico Exame práctico Centros de ensino onde se realizarán os exames teóricos e prácticos
Patrón/Patroa para Navegación Básica 7 de setembro 11 de setembro Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo Avda. Beiramar, 55, 36202-Vigo Teléf. 886110825 / 886110826

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol (R/ 19 de Febreiro, 30-34, 15405-Ferrol. Teléf. 881938212 / 881938213)

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira (R/ dos Estudantes, 7, 15960-Ribeira. Teléf. 881866317 / 881866324)

Patrón/Patroa de Embarcacións de Lecer 8 de setembro 11 de setembro Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Patrón/Patroa de Iate 9 de setembro 11 de setembro Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Capitán/Capitá de Iate 10 de setembro 11 de setembro Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Exames extraordinarios

Esta semana tamén se publicaron no DOG as datas para a realización dos exames extraordinarios teóricos das titulacións para o goberno de embarcacións de lecer. Estas probas extraordinarias son as que están destinadas ao alumnado matriculado nas escolas de navegación de lecer homologadas. Neste caso hai tres convocatorias e son estes centros os que se encargan d os trámites para poder presentar ao seu alumnado aos exames.

Para a convocatoria de marzo destas probas as escolas de navegación de lecer poderán inscribir ao seu alumnado desde o próximo luns, 17 de febreiro, ata o 28 de febreiro, ambos incluídos; para a de xullo entre o 25 de maio e o 5 de xuño, ambas datas incluídas, e para a de decembro, o período de matrícula é do 16 ao 27 de outubro, ambos incluídos.

A continuación achéganse as datas destes exames teóricos e os centros onde se efectuarán:

 

Convocatoria de marzo de 2020

 

Titulacións
Exame teórico
Centros de ensino onde se realizarán os exames teóricos
Patrón/Patroa para Navegación Básica
25 de marzo
Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Avda. Beiramar, 55, 36202-Vigo. Teléf. 886 110 825 / 886 110 826

 
Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

R/19 de Febreiro, 30-34, 15405-Ferrol. Teléf. 881 938 212 / 881 938 213

 
Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

R/ dos Estudantes, 7, 15960-Ribeira. Teléf. 881 866 317 / 881 866 324

Patrón/Patroa de Embarcacións de Lecer
26 de marzo
Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Patrón/Patroa de Iate
30 de marzo
Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Convocatoria de xullo de 2020

 

Titulacións
Exame teórico
Centros de ensino onde se realizarán os exames teóricos
Patrón/Patroa para Navegación Básica
6 de xullo
Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Avda. Beiramar, 55, 36202-Vigo. Teléf. 886 110 825 / 886 110 826

 
Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

R/19 de Febreiro, 30-34, 15405-Ferrol. Teléf. 881 938 212 / 881 938 213

 
Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

R/ dos Estudantes, 7, 15960-Ribeira. Teléf. 881 866 317 / 881 866 324

Patrón/Patroa de Embarcacións de Lecer
7 de xullo
Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Patrón/Patroa de Iate
8 de xullo
Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Convocatoria de decembro de 2020

 

Titulacións
Exame teórico
Centros de ensino onde se realizarán os exames teóricos

Patrón/Patroa para Navegación Básica

30 de novembro
Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Avda. Beiramar, 55, 36202-Vigo. Teléf. 886 110 825 / 886 110 826

 
Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

R/19 de Febreiro, 30-34, 15405-Ferrol. Teléf. 881 938 212 / 881 938 213

 
Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

R/ dos Estudantes, 7, 15960-Ribeira. Teléf. 881 866 317 / 881 866 324

Patrón/Patroa de Embarcacións de Lecer
1 de decembro
Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Patrón/Patroa de Iate
2 de decembro
Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Capitán/Capitá de Iate
3 de decembro
Os interesados terán que dirixir as solicitudes o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
Rúa Madrid, 2-4, Fontiñas 15707 -Santiago de Compostela

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM