Licitación do servizo de Execución da fase 1 do proxecto “Redescubrindo as paisaxes de Berobreo”

No día de onte, xoves 07 de xuño, fíxose público o anuncio de licitación do servizo de execución da fase 1 do proxecto “Redescubrindo as paisaxes de Berobreo” tanto no taboeiro de anuncios da Sede Electrónica como no Perfil do Contratante.

As persoas físicas e xurídicas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o venres 22 de xuño, xa que o prazo é de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio. Os criterios de adxudicacións son os establecidos no prego de claúsulas administrativas e particulares.

Cómpre especificar que todas as propostas deben ser entregadas nun sobre pechado no Rexistro Xeral do Concello ou mediante envío por correo postal (xustificando a data e hora da imposición do seu envío na Oficina de Correos mediante aviso no correo electrónico apoioxuridico@cangas.gal).

Descargas

Ligazóns

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM