O Concello de Bueu contratará a 28 persoas no marco do Plan de Emprego da Deputación

O Concello de Bueu contratará este ano vinte e oito persoas no marco do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais 2019 da Deputación de Pontevedra. Concretamente serán quince peóns de limpeza, catro peóns forestais, un oficial de albañilería, un oficial electricista, un oficial condutor, dous oficiais de xardinería e catro auxiliares administrativos.

As persoas interesadas en ocupar estes postos, deberán estar inscritas no Servizo de Emprego Público de Cangas nas categorías concretas demandadas.

A continuación podedes ver a relación de ocupacións xunto ao código co que as persoas deben estar inscritas no Servizo Público de Emprego. Tal e como xa se fixo o ano pasado, nesta convocatoria poden participar todas as persoas desempregadas, independentemente de que estean ou non percibindo unha prestación por desemprego ou un subsidio. Importante é tamén aclarar que para todas as ocupacións, excepto persoal de limpeza, vaise solicitar experiencia. Ao mesmo tempo, no caso concreto dos auxiliares administrativos, a formación que se demandará será a de ciclo medio en xestión administrativa e/ou ciclo superior en administración e finanzas, e as persoas seleccionadas prestarán apoio na xestión dos departamentos de persoal, intervención, OMIC e emprego.

Relación de ocupacións plan de emprego 2019

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM