O Concello de Bueu convoca a Mesa da Sanidade para o próximo luns

O encontro, que terá lugar ás 19.00 h no salón de plenos da Casa Consistorial, contará co xerente da EOXI Pontevedra Salnés amais dos grupos da corporación e colectivos da vila

O Concello de Bueu acollerá o próximo luns, 27 de xaneiro, a Mesa da Sanidade, na que estarán representados os voceiros dos grupos municipais, representantes do Centro de Saúde e as asociacións veciñais da vila e á que está confirmado que asista o xerente da EOXI Pontevedra – Salnés, José Ramón Gómez Fernández. Nesta mesa, da que xa se mantivo unha primeira xuntanza en outubro do pasado ano, é seguir debatendo arredor do estado da sanidade da vila e tentar solucionar as principais demandas sociais. Precisamente nesta reunión, prevista para o luns ás 19.00 h no salón de plenos da Casa Consistorial, volverase abordar a necesidade de que se cubra a vacante do segundo pediatra, xa que desde outubro toda a rapazada da vila debe ser atendida por unha soa profesional, o que repercute en longas listas de agarda e en servizos saturados.

O goberno local apoia todas as demandas dos profesionais do PAC de Bueu e por iso, co obxectivo de visibilizar máis as protestas en pro dunha atención primaria digna, vaise colocar unha pancarta no balcón do edificio do Concello, e tamén se poñerá a disposición da cidadanía un autobús gratuíto para asistir á manifestación do próximo 9 de febreiro na cidade compostelá. As persoas que desexen asistir deberán reservar previamente a través dos teléfonos 986390029 / 673256450 (ten whatsapp) ou no enderezo electrónico comunicacion@concellodebueu.gal. O autobús sairá ás 10.30 h das inmediacións do Centro Social do Mar.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM