O Concello de Mos organiza unha excursión ó Parque Acuático de Amarante

Hoxe abriuse o prazo de inscrición

Un ano máis, e tras o éxito de afluencia de anteriores edicións, o Concello de Mos organiza unha excursión ao Parque Acuático de Amarante (Portugal), que se realizará o vindeiro 14 de setembro.

O prazo de inscrición nesta actividade abriuse hoxe mércores 14 de agosto e rematará o 3 de setembro. O prezo da viaxe será de 10 euros para nenos de 5 a 11 anos de idade e adultos maiores de 65, e de 25 euros para o resto de persoas de 12 a 65 anos. O menores de 5 anos non terán que pagar e poderán acudir de balde.

As inscricións pódense facer no Rexistro Xeral do Concello de Mos ou nas oficinas da OMIX, no edificio Multiusos das Pozas, en horario de 09.00 horas a 14.00 horas; e os interesados en obter máis información sobre esta excursión poden chamar ó número de teléfono da OMIX 986 33 94 04 ou escribir a omix@concellomos.es .

O xantar do día 14 de setembro será por conta de cada participante.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM