O Concello de Ribadumia, en colaboración coa AECC, achega un novo programa ós veciños de Ribadumia para favorecer o estado de benestar das persoas que padecen esta enfermidade e das súas familias

O Concello de Ribadumia informa que no día de onte se reuniron o alcalde de Ribadumia, David Castro, e o representante en Pontevedra da AECC, Telmo Crespo, para coñecer de preto o novo programa de atención a pacientes con enfermidades avanzadas en zonas rurais, como o noso municipio.

Este programa, que beneficia dende xa a aqueles veciños de Ribadumia que así o soliciten, é prestado pola Asociación Española Contra el Cáncer co apoio da Fundación La Caixa. Baséase na atención psicosocial a pacientes oncolóxicos en fase avanzada e ás súas familias, entendendo neste concepto non só familiares directos senón calquera persoa que se estea facendo cargo do coidado do enfermo.

Ademais do anterior, o programa ofrece tamén atención social que inclúe o servizo gratuíto de préstamo de material ortopédico (camas articuladas, cadeiras de rodas, grúas, andadores, etc.) que favorecerán a confortabilidade dos beneficiarios nos seus domicilios, así como tamén a orientación e información sobre distintos mecanismos sociais que poden activarse e axudas económicas para sufragar gastos de manutención e diminuír o impacto das unidades familiares, así como un banco de perrucas.

Este programa, que complementa a axuda que xa se vén prestando desde os Servizos Sociais do Concello de Ribadumia, está dende xa dispoñible para todos os veciños que se poidan atopar neste situación e precisen apoio, que só terán que dirixirse ó Concello de Ribadumia ou directamente a AECC no 900100036, teléfono gratuíto activo as 24 horas do día, os 365 días do ano.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM