O Concello do Grove informa do peche da Avenida de Beiramar para o asfaltado durante 15 días

O peche comezará o próximo luns. Xa se está procedendo á sinalización dos cambios e deberán terse en conta os cambios no transporte escolar.

O Grove, 8 de xaneiro de 2020. Dentro das obras de reforma da Avenida de Beiramar, está previsto que o próximo luns comecen as labores de asfaltado da zona polo que será preciso proceder ao corte da mesma. Deste xeito está previsto o desvío dos vehículos que poderán subir pola Rúa Ourense cara a Rúa Castelao para dar a volta. O tráfico pesado terá que entrar por Xoan XXIII e baixar pola Rúa da Praza para o cal foi preciso eliminar algúns pivotes e trasladar algúns maceteiros. Agárdase que estes cambios tan só sexan necesarios durante os quince días previstos de duración dos traballos.

Paradas Escolares

Ademais dos cambios indicados, tamén se informa da necesidade de modificar algunha das paradas escolares desta zona. Así, a que se atopa diante do Restaurante O Crisol e na propia Praza do Corgo manteranse, pero na beirarrúa de enfronte, polo que os cativos terán que coller o transporte no sentido contrario ao habitual. A parada diante da Policía Local e a do Parque de Confín serán modificadas. Así, a primeira desas paradas trasladarase a Rúa Castelao (diante da antiga discoteca Vogue) e a segunda tamén na Rúa Castelao inda que á altura do Hotel Amandi. O horario será exactamente o mesmo e non se producirán máis cambios. A Policía Local xa estivo hoxe nesas paradas para informar aos país e tamén foron informados os centros educativos para procurar que o luns non se produzan incidencias por estes cambios que, lembramos, terán unha duración de 15 días.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM