O desfile “Venres de Foliada” obriga a restrinxir o tráfico e o estacionamento nalgunhas rúas do centro urbano

A partir das 21.30h procederase ao peche total do tráfico de vehículos, habilitándose diferentes desvíos
A celebración do desfile de Entroido “Venres de Foliada 2019” que terá lugar mañá, 1 de marzo, e dadas as obras da nova autovía que se están levando a cabo na actualidade, obriga ao Concello de Tomiño a practicar restricións de tráfico e estacionamento ao longo do percorrido do desfile.

Por estes motivos, a Policía Local de Tomiño comunica que queda prohibido o estacionamento, dende as 16.00h do venres, ata a 01.30h do sábado, nas seguintes rúas:
 RÚA REPÚBLICA ARXENTINA
 RÚA DA GUARDA
 RÚA GONDOMAR

A partir das 21.30h procederase ao peche total do tráfico de vehículos polo centro urbano, debendo utilizar os condutores os desvíos habilitados.

Para máis información, pódese consultar a páxina Web do Concello de Tomiño (www.tomino.gal), ou chamar á Policía Local (986 622 006 ou 616 974 455).

A Policía Local de Tomiño agradece a colaboración da cidadanía e salienta a necesidade de respectar as normas para a boa consecución do desfile.

Mapas percorrido e desvíos previstos:

Entroido Tomiño 2019 PERCORRIDO COMPARSAS

Tráfico Entroido Tomiño 2019 DESVIOS ALTERNATIVOS

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM