Participación Cidadá oferta un curso de lingua de signos

Impartirase no Multiusos todos os sábados do 7 de abril ao 9 de xuño

A concellería mosense de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro organiza un curso lingua de signos que se atopa incluído dentro do programa Fórmate con Mos.

O prazo de inscrición atópase xa aberto polo que os interesados en participar poden inscribirse ata o 3 de abril na páxina web do Concello (apartado de Participación Cidadá), ou presencialmente no Rexistro Municipal ou nas oficinas da OMIX no Multiusos das Pozas.

O curso, de 30 horas de duración, desenvolverase tódolos sábado dende o 7 de abril ata o 9 xuño en horario matinal de 10.00 horas a 13.00 horas.

Esta acción formativa impartirase no Multiusos pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) e vai dirixido a maiores de 16 anos de idade. O alumnado recibirá ao finalizar o curso o A1.1, título oficial emitido polaFAXPG.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM