O Concello de Nigrán pecha este venres 8 de xuño o prazo para presentar propostas ao tradicional concurso de carteis “Quin Alborés”, dotado con 500 euros á proposta gañadora e co obxectivo de difundir a imaxe do Nigranjazz 2018. As bases para participar poden consultarse na web do Concello (www.nigran.org), ou na propia Casa Consistorial.
O concurso está aberto a persoas físicas maiores de 18 anos, podendo presentar cada unha delas un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas e cunha estética relativa ao mundo do jazz. Os orixinais realizaranse en formato vertical, en tamaño A2 (594 x 420 mm.) cunha calidade mínima de 350 ppp. Os traballos presentados deberán garantir o anonimato de acordo co previsto nas bases e poderán enviarse por mail ou por Rexistro ou Correos seguindo as indicacións facilitadas nas devanditas bases.
Este certame rende homenaxe dende o ano 2010 ao artista nigranés Quin Alborés, gran amante do jazz e quen impulsou o Festival dende o seu comezo deseñando os seus tres primeiros carteis.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.