Sofía Areal presidiu o consello da infancia e da adolescencia, que se chamará voces novas de Tomiño

O Consello da Infancia e da Adolescencia continúa a traballar para mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes e a súa participación activa na vida municipal e a promoción de políticas locais que garantan o seu desenvolvemento integral. Esta folla de ruta iniciada o pasado mes de decembro continuou na celebración de sucesivos consellos nos que se decidiron o nomeamento da súa presidenta, Sofía Areal, e que a organización leve o nome de Voces Novas de Tomiño. Ademais, crearase un enderezo electrónico, vocesnovas.tomino@gmail.com, que servirá de canle de comunicación co resto dos veciños e veciñas do municipio.

O Consello celebrou hoxe unha nova convocatoria ás 18.30 horas no salón de plenos do Concello. Nesta reunión os e as integrantes do consello aprobarán o regulamento interno e valorarán os documentos do V Encontro de Consellos de Infancia e Adolescencia, que se celebrará en Oviedo en maio e ao que Tomiño non poderá asistir pola grande afluencia de solicitudes que recibiu a organización do evento.

Nestes intres 10 mozos e mozas integran o Consello tomiñés, aínda que a participación continúa aberta a todos os rapaces se rapazas interesados en formar parte desta iniciativa, que soamente teñen que encher un formulario de inscrición no que nais, pais ou titores e titoras legais dan o consentimento de participación ao ser todas as persoas integrantes menores de idade.

Cidade Amiga da Infancia

A posta en marcha deste Consello é un dos pasos que está a dar o concello de Tomiño para conseguir o selo de Cidade Amiga da Infancia concedido por Unicef, que recoñece o labor dos municipios a prol de mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes, a súa participación activa na vida municipal e a promoción e implantación de políticas locais que garantan o seu desenvolvemento integral cun enfoque de dereitos.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM