Xoán Curiel presenta este xoves en Tui “A casa do terror”

Trátase dun espectáculo de teatro, música, clown e danza dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos. Forma parte do programa Falaredes.

O Teatro Municipal de Tui acolle este xoves, 27 de setembro un espectáculo de teatro, música, clown e danza da man de Xoán Curiel baixo o título “A casa do terror”.  Esta actividade chega a Tui dentro de Falaredes, o  programa de dinamización do galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística.  A representación comezará ás 19h.

Vai dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos que formarán parte activa do espectáculo no que se conta a historia dun grupo de amigos que se ve na obriga de durmir nun edificio encantado. Alí o pasan moi ben vivindo aventuras relacionadas coa música, coa amizade e coa superación dos propios temores. A historia desenvólvese entre cancións, danzas, elementos teatrais ou clown e, sobre todo, con moita participación do público asistente.  Na posta en escena Xoán Curiel  estará acompañado pola banda Son+d2 e a bailarina Marta Alonso.

A entrada é de balde pero se deben retirar dende ás 18.30h un máximo de dúas por persoa no despacho de billete da Área Panorámica.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM